Conversor XML a XBRL-CONTALOC (zip)
Esta aplicación presenta as seguintes características:
- Como entrada, require un ficheiro en formato XML evolución do actual formato normalizado para a Conta Xeral. Previa á conversión, realízase unha validación técnica de formato e lanzarase unha mensaxe de advertencia en caso de que o ficheiro non a cumpra.
- O ficheiro de entrada pode ser de calquera dos tres modelos (normal, simplificado ou básico) e é o conversor o encargado de determinar o modelo e de aplicar a transformación axeitada.
- O ficheiro de saída conterá os mesmos datos que o ficheiro de entrada, pero en formato XBRL-CONTALOC. A conversión non leva consigo ningunha validación funcional sobre o contido do ficheiro.
- A aplicación está desenvolvida en linguaxe java, o que permite a súa execución en calquera plataforma (Windows, Linux), sempre que teña instalada previamente a correspondente máquina virtual (http://java.com).
- A aplicación dispón de dúas interfaces:
- Interface gráfica: mediante un formulario, permite seleccionar o ficheiro de entrada e executar a conversión mostrando información do proceso por pantalla.
- Interface por liña de comandos: permite executar a aplicación dende unha consola ou dende outras aplicacións, utilizando parámetros por liña de comando.
Xunto co conversor distribúense ficheiros de exemplo, os esquemas do formato XML utilizado para os ficheiros de entrada e un documento texto explicativo do seu funcionamento.
A última actualización, publicada (v1.01) o 30/06/2010, incorpora optimizacións para a conversión de ficheiros de gran tamaño en máquinas con arquitectura de 64 bits.
Para a visualización dos ficheiros nun formato similar aos informes en papel, están dispoñibles os visores correspondentes nesta mesma epígrafe de "Utilidades".