RPT-Laborais é un sistema de información que serve para xestionar as relacións de postos de traballo do persoal laboral incluído no convenio único para a Administración xeral do Estado, regulado por Resolución da Dirección Xeral de Traballo do 17 de outubro de 2006.
Este sistema xestiona cada posto de traballo laboral de forma independente, asignándolle unhas características determinadas que o definen e que permiten a súa personalización mediante un número de rexistro proporcionado polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública, os datos identificativos da persoa que ocupa o posto de traballo e os datos propios do posto.