Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

IRIS

IRIS é unha aplicación web centralizada na Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE) que permite o envío de expedientes por parte dun centro xestor á respectiva Intervención Delegada, rexional ou territorial (sistema IRIS Envíos–Intervencións Delegadas), ou á Subdirección Xeral de Intervención e Fiscalización (sistema IRIS Envíos–S. X. de Intervención e Fiscalización), e a súa posterior devolución por parte da Intervención ou da S. X. de Intervención e Fiscalización, respectivamente, para o que se ha achegar o resultado da fiscalización, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 686/2005, do 10 de xuño de 2005.

A aplicación IRIS pretende servir de soporte á tramitación de expedientes sen papel, incorporando para iso a sinatura electrónica recoñecida. En documentos asinados, o sistema validará a coherencia do documento coas distintas sinaturas, informando ademais da revogación ou non do certificado e a súa información principal.

IRIS permite establecer un punto único de comunicación dos órganos xestores coas intervencións para os efectos da documentación electrónica.

Manual de configuración y uso de la aplicación (pdf)