Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Servizos web

Tal como se indica na Resolución do 28/11/2005 da Intervención Xeral do Estado pola que se aproba a aplicación IRIS, ponse á disposición das unidades de tramitación un servizo web para a comunicación directa entre as súas aplicacións e IRIS.

A interface deste servizo web proporciona unha serie de métodos que permiten a comunicación entre o sistema da unidade tramitadora e o sistema IRIS.

As diferentes chamadas para o envío de expedientes para os efectos de fiscalización son:

  • Obter número de petición.
  • Dar de alta un documento.
  • Enviar novo expediente.
  • Reenviar expediente.
  • Obter comprobante.
  • Consultar expediente.
  • Descargar documento.
  • Consultar expedientes devoltos.
  • Anular un expediente.
  • Devolver un expediente.
  • Finalizar a tramitación dun expediente.

Para o envío por parte dos servizos no exterior de contas de xestión:

  • Enviar unha conta con identificación do NIF do servizo exterior.
  • Enviar unha conta sin identificación do NIF do servizo exterior.
  • Consultar o estado dunha conta.

A chamada a estes servizos requirirá unha previa identificación do sistema da unidade tramitadora polos sistemas de seguridade da IXAE. Esta identificación realizarase mediante un certificado electrónico.

Para obter máis información sobre o desenvolvemento necesario para realizar chamadas a estes servizos, identificarse e obter o WSDL correspondente a estes servizos, enviar un correo a iris-envios@igae.hacienda.gob.es