Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

O Sistema de Información Listaxes de Nómina (LisNom) ten como finalidade poñer á disposición dos habilitados de clases pasivas do Estado a información económica necesaria, en forma de listaxes de traballo, necesarios para realizar o seu labor de intermediación evitando o seu desprazamento ás unidades de clases pasivas das delegacións de Economía e Facenda para recoller as citadas listaxes ou, de ser o caso, o envío por correo ordinario.

Este sistema de información está en funcionamento desde o 1 de maio de 2004 e, a través del, pódese xestionar, consultar ou imprimir as listaxes de nómina correspondentes aos seis meses anteriores.

As listaxes que se poden consultar son:

  • Movementos de encadramento.
  • Resumo do encadramento.
  • Resumo de devengos e descontos.
  • Corpo de nómina.
  • Baixas con reintegro.
  • Resumo de devengos e descontos de haberes devengados non percibidos.
  • Corpo de nómina de haberes devengados non percibidos.