Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

Como parte integrante do chamado novo sistema orzamentario, a aplicación PGEnet é responsable da explotación da información dos subsectores administrativo e empresarial e fundacional, e ten como obxectivo máis importante xerar a documentación que anualmente constitúe o proxecto de lei e a posterior Lei de orzamentos xerais do Estado (OXE).

En concreto, PGEnet implementa tres funcionalidades principais:

  • Xerar, a partir de información numérica obtida en liña dos sistemas de elaboración orzamentaria e información documental cargada polos responsables desta, a documentación oficial do proxecto de lei de OXE remitido polo Goberno ao Parlamento, e a posterior lei aprobada polas Cortes Xerais. PGEnet é responsable de xerar a información electrónica que se pode consultar en liña, así como a que se distribúe noutros soportes dixitais (CD-ROM e memorias de peto) e a que se procesa de forma tradicional en imprenta.
  • Editar outra documentación relevante que non forma parte da anterior e en formato similar ao oficial e proporcionarlles aos usuarios mecanismos para realizar consultas parametrizadas sobre a información dos OXE.
  • Proporcionar un arquivo histórico dos orzamentos, que inclúe tanto a información xerada polo propio sistema coma o resultado da dixitalización de documentación oficial previa á súa implantación.

Durante o proceso de elaboración orzamentaria, PGEnet obtén das aplicacións transaccionais de elaboración, e no momento en que se interroga, os datos cos que constrúen e formatean as saídas, proporcionándolle a cada usuario a información en formato oficial relativa ao ámbito que lle compete, do estado no que nese momento teñan os datos. Unha vez presentado o proxecto de lei ao Parlamento (ou logo de ser aprobada a Lei de OXE polas Cortes Xerais), o sistema xera unha «fotografía» que lles permite aos usuarios consultar toda a documentación oficial.

En relación coas saídas, PGEnet pode proporcionar os resultados nun formato listo para ser visualizado (PDF), ou nun formato tratable con ferramentas ofimáticas (HTML).

Como un dos seus fitos, PGEnet conseguiu unificar os procedementos de publicación electrónica e publicación en papel da documentación dos OXE, integrando os procesos que tradicionalmente se realizaban de forma manual e diminuíndo o tempo de xeración, á vez que mellorou a calidade do produto final.