Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

Logotipo Quadro

Quadro-SIGMA é o xerador de consultas asociado a Quanto. É un dos módulos do Sistema Orzamentario e integra tres sistemas de información:

O sistema Quadro que proporciona consultas con formato predefinido e catalogables asociadas a Quanto. Permite construír informes "a medida" de "escenarios orzamentarios" e de "créditos e dotacións", facilitando a súa catalogación e a execución posterior con paso de parámetros. Para iso, Quadro accede á base de datos de Quanto "en liña" (con conexión ao ordenador central) e en tempo real (no momento).

En Quadro non se permite que os usuarios formateen libremente os informes creados por eles, o que non implica que non estean formateados: en función do tipo de informe xerado (do número de variables de cabeceira do estado financeiro e do seu número de columnas), o módulo elixe automaticamente un formato preestablecido.

Existe un grupo de informes, denominados xerais, que definen os administradores do sistema, que poden utilizar todos os usuarios e outro grupo de informes, denominados particulares, que poden definir todos os usuarios e cuxa utilización se circunscribe ao grupo de traballo dese usuario (sectorial da DXO ou Oficina Orzamentaria).

Proporciona tres tipos de saída: en ficheiros pdf, en html coa mesma disposición de cabeceiras e detalle ca en pdf, e en formato de táboa (a saída é igualmente en html) que facilita o traslado dos datos a unha folla de cálculo para un posterior tratamento.

'SIGMA consultas en liña' que permite configurar e realizar consultas libres sobre a información "en liña" e en "tempo real" aos datos pertencentes ao subsistema de créditos e dotacións do subsector administrativo dos orzamentos xerais do Estado (Quanto). O resultado das consultas sobre os datos preséntaselles aos usuarios en formato tabular, o que permite a súa exportación e tratamento con ferramentas ofimáticas.

SIGMA, un sistema que permite as mesmas consultas libres que o sistema 'SIGMA consultas en liña', coa diferenza de que estas consultas se realizan sen conexión cun servidor de datos, o que lle proporciona ao usuario un «orzamento portátil».

A operación con SIGMA supón habitualmente dous pasos:

  1. Descarga da propia aplicación. Para iso, os usuarios conéctanse ao servidor e obteñen o software de cliente. Esta operación adóitase realizar unha única vez.
  2. Descarga dos datos. Os usuarios acceden ao servidor e obteñen unha «instantánea» do orzamento correspondente ao exercicio desexado (que pode estar en elaboración ou pechado) que descargan ao seu equipo cliente. Esta operación pódese realizar tantas veces como sexa necesario.

Unha vez que o posto cliente ten configurada a aplicación, e unha copia dos datos, SIGMA xa non require unha conexión para proporcionar a súa funcionalidade.