Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

Dá soporte ás competencias do Estado como Autoridade de Xestión ou Autoridade de Certificación nos distintos programas operativos de Cooperación Territorial Europea para o período 2014-2020.

A iniciativa comunitaria de Cooperación Territorial Europea ou INTERREG deseñouse co obxectivo de que as fronteiras nacionais non fosen un obstáculo nin ao desenvolvemento equilibrado nin á integración do territorio europeo. Perseguía, tamén, unha acción integrada de face ao desenvolvemento económico e á cohesión económica e social. Finánciase a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional articulándose nunha serie de Programas Operativos que funcionan en réxime de cofinanciamento, con subvencións a fondo perdido aprobadas para unha serie de proxectos (operacións) que se transfiren ao beneficiario unha vez que este demostra o desembolso da cantidade aprobada e nos termos establecidos.

A porcentaxe de cofinanciamento alcanza un máximo do 85%, aínda que se negocia por Programa Operativo en cada caso.