Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

docunet

Docunet é unha aplicación informática centralizada baixo arquitectura web cuxa funcionalidade está orientada á edición de documentos estruturados e á súa xeración en ficheiro ou en papel.

Documentos contables

Permite imprimir os documentos contables de acordo co formato e coa estrutura establecidos na Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 1 de febreiro de 1996, pola que se aproban os documentos contables para utilizar pola Administración xeral do Estado e posteriores modificacións. Así mesmo, permite xerar os ditos documentos contables en formato TELCON e soporte ficheiro, segundo se establece nos documentos de especificacións TELCON correspondentes das versións 1.0 para organismos e 3.0 para a Administración xeral do Estado: Especificaciones TELCON.

Anexos de pagamentos en divisas

Conforme á Resolución do 22 de febreiro de 2011, da IXAE e da DXTePF, pola que se regula o procedemento de pagamentos en divisas, Docunet permite xerar os anexos de pagamentos en divisas que se han de remitir ás oficinas de contabilidade xunto aos documentos contables correspondentes. O anexo poderá descargarse nun ficheiro ou poderase imprimir en papel cando se trate dun único perceptor final.

Outros documentos estruturados do expediente

Así mesmo, a aplicación permitirá a edición daqueles documentos estruturados do expediente de gasto que, estando normalizados, se vaian incorporando a esta aplicación, e a súa xeración será en soporte ficheiro ou papel.