Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

A quen recorrer en caso de incidencias?

Cando durante o acceso ou no uso da aplicación GAUDÍ se produza unha incidencia, o usuario que a acuse procederá do seguinte xeito:

  • Se se trata dunha incidencia relacionada co acceso a GAUDÍ (imposibilidade de entrada ao portal da Administración orzamentaria en internet, desaparición da icona do escritorio personalizado do usuario ou problemas de entrada a través deste) ou dun problema que dificulte o normal uso da aplicación, utilizarase o mecanismo de notificación á Unidade de Coordinación de Incidencias dos servizos de informática orzamentaria que se publica no propio portal da Administración orzamentaria (na sección "Notificación de incidencias", da páxina de identificación de usuarios, que se mostra ao seguir o enlace "Acceso aos sistemas de información" da páxina principal do portal).
  • Se se trata dunha incidencia de carácter funcional (diferenzas de interpretación da normativa, descoñecemento do uso da aplicación, suxestión de mellora funcional…), notificarase mediante o envío dun correo electrónico aos responsables funcionais da Dirección Xeral de Fondos Europeos a través das caixas de correos de cada unha das aplicacións, segundo o universo de que se trate, e especificarase a palabra "xestión" no asunto da mensaxe.
  • Se é unha incidencia causada por un funcionamento da aplicación incorrecto ou distinto do esperado, utilizarase a mesma vía ca no caso anterior, e especificarase a palabra "desenvolvemento" no asunto da mensaxe. O problema será canalizado en destino á División II de Aplicacións de Orzamentos e Fondos Europeos , responsable do deseño e construción da aplicación. Para os efectos dunha maior eficacia na categorización e na resolución das incidencias, os correos electrónicos que notifiquen incidencias relativas a "xestión" ou "desenvolvemento" deberán, ademais de achegar todos os documentos que se consideren de utilidade, incluír no corpo da mensaxe a seguinte información:

Nome
Código de usuario
Organismo ao que pertence
Teléfono de contacto
Contorno de operación ("produción" ou "probas")
Motivo da consulta
Descrición dos arquivos que se achegan, se é o caso (por exemplo, pantallazos das mensaxes de erro recibidas, incluíndo a secuencia de operacións necesarias para reproducilas