Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

GAUDÍ

GAUDÍ permite deseñar, executar e almacenar consultas e informes en liña, para o que extrae a información dos actuais sistemas que lle dan soporte á xestión das axudas comunitarias; é dicir, Fondos 2007 para o período 2007-2013 e Fondos 2000 e Nexus para o período 2000-2006.

GAUDÍ manexa o concepto de universo. Para o usuario, un universo preséntase como unha interface gráfica da base de datos, cun conxunto de parámetros que representan as estruturas e os importes dos sistemas de información comunitarios e sobre os cales se poden realizar consultas.

Por cada sistema de información, existen un ou varios universos.