Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Como se solicita o acceso?

1. Preautorización:

O titular do órgano de xubilación deberá remitir á Subdirección Xeral de Xestión de Clases Pasivas, da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, un formulario de "solicitude de acceso á aplicación JUBIL@", por cada unha das persoas da súa unidade que deban dispoñer de autorización de acceso ao sistema, indicando expresamente se son usuarios que haberán de estar autorizados para a sinatura electrónica do impreso "J".

O dito formulario foi aprobado como anexo II da Resolución do 18 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas (BOE 8/4/2010), e pódese obter nesta mesma epígrafe de Información complementaria da oficina virtual do portal internet da Administración orzamentaria.

Unha vez concedida a preautorización, tanto o titular do órgano de xubilación coma cada un dos usuarios preautorizados recibirán, por correo electrónico, unha comunicación, informándoos dos pasos que han seguir para xestionar a alta como usuarios de JUBIL@, conforme ao procedemento de control de accesos ás bases de datos da Secretaría Xeral de Orzamentos e Gastos e da Intervención Xeral da Administración do Estado, establecido na normativa vixente en cada momento.

2. Alta en JUBIL@:

As persoas previamente autorizadas teñen que xestionar a súa alta na aplicación, accedendo ao portal internet da Administración orzamentaria na seguinte url: www.pap.hacienda.gob.es, dentro da súa oficina virtual, seleccionar a epígrafe "Solicitude de acceso aos sistemas".

Aparecerá unha pantalla na que deben elixir cubrir en liña o formulario "Xestión de accesos aos sistemas de información de Administración orzamentaria". A seguir, terán que cubrir as distintas pantallas que lles irán aparecendo nesa "solicitude de acceso a sistemas de información para usuarios externos non rexistrados". Tras cubrir todos os datos do formulario, pulsarase o botón de enviar.

Unha vez procesada a solicitude de alta, recibirán no enderezo de correo electrónico que reflectisen no formulario, comunicándolles a súa clave de acceso e o contrasinal para acceder a JUBIL@

A partir dese momento, cada vez que teñan que tramitar un impreso "J" deberán acceder á oficina virtual do portal internet da Administración orzamentaria, na opción do menú Acceso a los sistemas de información.