Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Jubil@

A aplicación JUBIL@ é unha aplicación informática para a xestión electrónica do impreso “J”, de iniciación de oficio do procedemento de recoñecemento de pensións de xubilación dos funcionarios civís do réxime de clases pasivas do Estado.

Esta aplicación permítelles aos órganos de xubilación cubrir nas distintas pantallas que lles ofrece os datos referentes ao funcionario que se xubila e que son necesarios para a tramitación do expediente da súa pensión de xubilación –persoais/profesionais/ declaracións do interesado/datos fiscais–, así como anexar documentos en formato electrónico. Eses datos, unha vez validados, deben ser asinados electronicamente polo usuario do órgano de xubilación con responsabilidade de sinatura.

Ao asinar electronicamente os datos que conforman ese rexistro (“J”), remítense por vía telemática á Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas e incorpóranse ao seu sistema de información de recoñecemento de pensións de clases pasivas. De forma automática, créase un apuntamento no rexistro da dirección xeral, emítese a comunicación de inicio do procedemento dirixida ao interesado e elabórase a documentación necesaria para a tramitación da pensión.

Todos os usuarios da aplicación JUBIL@ teñen que dispoñer de certificado electrónico e deben acceder a través da Oficina Virtual do Portal Internet da Administración orzamentaria: www.pap.hacienda.gob.es.

Os datos pódense incorporar de forma individual ou mediante un procedemento de "carga masiva de datos” que permite incorporar nun só proceso varios expedientes ao mesmo tempo. Facilítase por tanto a incorporación de datos desde outras aplicacións de xestión sempre que se obteñan ficheiros que respondan o esquema que figura nos ficheiros adxuntos: