A aplicación
JUBIL@ é unha aplicación informática para a xestión electrónica do impreso “J”, de iniciación de oficio do procedemento de recoñecemento de pensións de xubilación dos funcionarios civís do réxime de clases pasivas do Estado.
Esta aplicación permítelles aos órganos de xubilación cubrir nas distintas pantallas que lles ofrece os datos referentes ao funcionario que se xubila e que son necesarios para a tramitación do expediente da súa pensión de xubilación –persoais/profesionais/ declaracións do interesado/datos fiscais–, así como anexar documentos en formato electrónico. Eses datos, unha vez validados, deben ser asinados electronicamente polo usuario do órgano de xubilación con responsabilidade de sinatura.
Ao asinar electronicamente os datos que conforman ese rexistro (“J”), remítense por vía telemática á Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas e incorpóranse ao seu sistema de información de recoñecemento de pensións de clases pasivas. De forma automática, créase un apuntamento no rexistro da dirección xeral, emítese a comunicación de inicio do procedemento dirixida ao interesado e elabórase a documentación necesaria para a tramitación da pensión.