Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Que é e para que serve?

FUNCIONALIDADES BÁSICAS

As funcionalidades básicas da aplicación teñen que ver coas distintas autoridades con responsabilidade na xestión de fondos:

Autoridade de xestión:

  • Programación inicial.
  • Execución (financeira e de indicadores).
  • Peticións de reembolso.
  • Encontros anuais/Comités de seguimento.
  • Reprogramacións.

Autoridade de certificación:

  • Declaracións de gasto e solicitudes de pagamento.
  • Cobros do Tesouro.
  • Repartimentos.
  • Acreditación de obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Propostas de transferencias ao Tesouro e de devolucións e reintegros.

Autoridade de auditoría:

  • Controis de xestión.
  • Controis de certificación.
  • Descargas.

Como principais novidades funcionais, cabe indicar as seguintes:

  • Potenciación do tratamento de controis (auditoría) sen detrimento dos aspectos de xestión e de certificación (pagamentos) nos que ata agora se fixo maior fincapé.
  • Implementación dun sistema de arquivo dixital para incorporar neste todo tipo de información documental de natureza non estruturada.
  • Utilización de certificados dixitais e de sinatura electrónica para facer posible a xestión íntegra dos expedientes dentro do sistema, sen que sexa necesario realizar tramitación externa ningunha deste.
  • Utilización dos servizos web para facilitar os fluxos de información.
  • Incorporación de facilidades de tratamento de información para dotar da maior autonomía posible os usuarios do sistema, con carácter adicional aos módulos de consulta especificamente desenvolvidos.

Profundando un pouco máis nalgún dos aspectos mencionados, prevese que os certificados dixitais e a sinatura electrónica se utilizarán, polo menos, durante os seguintes procesos:

  • Nos accesos dos distintos usuarios a través de internet.
  • Nos envíos de información que haxa que realizar coa Comisión Europea.
  • Nas certificacións expedidas polos organismos intermedios e distintas autoridades.
  • Na realización de propostas de transferencias ao Tesouro público.

Pola súa banda, os servizos web invocaranse para:

  • Enviar información á Comisión.
  • Cargar información masiva no sistema dende ficheiros externos durante a programación inicial, a execución de proxectos e a realización de controis.
  • Relacionarse coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social.

Finalmente, as facilidades de tratamento de información consistirán en que:

  • Todos los estados financieros generados por el sistema se proporcionarán en formato PDF y en HTML para poder ser tratados con herramientas de naturaleza ofimática.
  • Existirán consultas específicas adicionales en formato HTML: aquellas que aunque puedan imprimirse no estén pensadas para hacerlo y no requieran un aspecto de cuadro financiero clásico.
  • Todos os estados financeiros xerados polo sistema proporcionaranse en formato PDF e en HTML, para poder ser tratados con ferramentas de natureza ofimática.
  • Existirán consultas específicas adicionais en formato HTML: Aquelas que aínda que poidan imprimirse non estean pensadas para facelo e non requiran un aspecto de cadro financeiro clásico.
  • As cargas dende ficheiros externos realizaranse a través de ficheiros normalizados de intercambio de datos en formato XML e as descargas poderán solicitarse tanto en formato HTML coma en TXT (nalgúns casos, tamén en XML, cando o seu destinatario teña natureza informática).