Ingresos non tributarios (INTECO) é unha aplicación informática do sistema de información contable (SIC'3) que permite:
- Expedir os documentos de ingreso, relativos a recursos non tributarios, aprobados no punto sexto da Orde PRE/1064/2016, do 29 de Xuño, aptos para efectuar o ingreso en entidades colaboradoras.
- Consultar o estado dos documentos emitidos.
- Seleccionar e poñer á disposición das delegacións de Economía e Facenda a información dos documentos emitidos, notificados e non cobrados para a contabilización do correspondente dereito non tributario e a xestión do cobro no contraído previo do Sistema de Información Contable da Administración xeral do Estado.