Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Funcionalidades Básicas

FUNCIONALIDADES BÁSICAS.

As funcionalidades básicas da aplicación teñen que ver coas distintas autoridades con responsabilidade na xestión de fondos:

Autoridade de xestión:

  • Programación inicial.
  • Execución (financeira e de indicadores).
  • Peticións de reembolso.
  • Encontros anuais/Comités de seguimento.
  • Reprogramacións.

Autoridade de certificación:

  • Declaracións de gasto e solicitudes de pagamento.
  • Cobramentos do Tesouro.
  • Repartos.
  • Acreditación de obrigas tributarias e coa Seguridade Social
  • Propostas de transferencias a Tesouro e de devolucións e reintegros.

Autoridade de auditoría:

  • Controis de xestión.
  • Controis de certificación.
  • Descargas
Como principais novidades funcionais, cabe indicar as seguintes:
  • Presentación PO.
  • Liñas de actuación.
  • Tramitación electrónica de propostas de mandamentos de pagamento.
Mantéñense as principais características de períodos anteriores:
  • Potenciación do tratamento de controis (auditoría) sen detrimento dos aspectos de xestión e de certificación (pagamentos) en que ata agora se veu facendo maior fincapé.
  • Implantación dun sistema de arquivo dixital para incorporar nel todo tipo de información documental de natureza non estruturada.
  • Utilización de certificados dixitais e de sinatura electrónica para facer posible a xestión íntegra dos expedientes dentro do sistema, sen que cumpra realizar ningunha tramitación externa a este.
  • Utilización dos servizos web para facilitar os fluxos de información.
  • Incorporación de facilidades de tratamento de información para dotar da maior autonomía posible os usuarios do sistema, con carácter adicional aos módulos de consulta especificamente desenvoltos.

Profundando un pouco máis nalgún dos aspectos mencionados, prevese que os certificados dixitais e sinatura electrónica se utilizarán, polo menos, durante os seguintes procesos:

  • Nos accesos dos distintos usuarios a través da internet.
  • Nos envíos de información que haxa que realizar coa Comisión Europea.
  • Nas certificacións expedidas polos organismos intermedios e distintas autoridades.
  • Na realización de propostas de transferencias ao Tesouro Público.

Pola súa banda, os servizos web invocaranse para:

  • Enviar información á Comisión.
  • Cargar información masiva no sistema desde ficheiros externos durante a programación inicial, a execución de proxectos e a realización de controis.
  • Relacionarse coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social.
  • Carga de controis realizados pola autoridade de auditoría.

Finalmente, as facilidades de tratamento de información consistirán en que:

  • Todos os estados financeiros xerados polo sistema proporcionaranse en formato PDF e en HTML para poder ser tratados con ferramentas de natureza ofimática.
  • Existirán consultas específicas adicionais en formato HTML: aquelas que aínda que poidan imprimirse non estean pensadas para facelo e non requiran un aspecto de cadro financeiro clásico.
  • As cargas desde ficheiros externos realizaranse a través de ficheiros normalizados de intercambio de datos en formato XML, e as descargas poderán solicitarse tanto en formato HTML como en TXT (nalgúns casos tamén en XML cando o seu destinatario teña natureza informática).

MÓDULOS

O sistema está composto por cinco módulos distintos, tres específicos de xestión (Autoridade de xestión, Autoridade de pagamentos e Controis) e os outros dous que prestan servizo aos anteriores (Administración e Canle informativa). Existen tres módulos de xestión distintos por ser diferentes as unidades implicadas, dúas subdireccións da Dirección Xeral de fondos Europeos (autoridades de xestión e pagamentos) e a IXAE (IGAE) como autoridade de auditoría.