O sistema BÁSICAL foi desenvolvido pola Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE) para dar soporte informático ás operacións e ao resto de información que contén o modelo básico do sistema de información contable para a Administración local, de acordo coa
Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do modelo básico de contabilidade local.
É, polo tanto, unha aplicación para o rexistro e o tratamento de datos, o arquivo e a conservación da información derivada das operacións que deben ser obxecto de contabilización para as diferentes entidades contables en que se estrutura o modelo, garantindo a integridade e a coherencia da información. Permite, tamén, obter os estados que integran a conta da entidade local e a xeración dos ficheiros necesarios para a
rendición telemática ao Tribunal de Contas e órganos de control externo (OCEX).