Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria

Requirimentos

  • Internet Explorer v. 9.0 ou superior, últimas versións de Firefox (v.21 ou superior), ou outros navegadores compatibles (ver detalles de requisitos posteriormente nesta mesma páxina).
  • Recoméndase unha resolución gráfica de 1024 x 768 ou superior e fontes pequenas.
  • Visor de ficheros en formato PDF.
  • Uso de certificados electrónicos e sinatura electrónica (ver punto seguinte).
  • Limitación á carga de documentación asociada (ver punto seguinte).

Requisitos mínimos obrigatorios para a sinatura electrónica mediante certificado

Na ligazón indicada a seguir informámolo/a acerca dos requisitos mínimos necesarios para usar a sinatura electrónica nesta aplicación.

https://www.oficinavirtual.pap.hacienda.gob.es/sitios/oficinavirtual/es-ES/SistemasInformacion/SolicitudAccesoSistemas/Paginas/firmaelectronica.aspx

Na devandita ligazón poderá atopar información acerca de:

Importante: por requisitos funcionais, para asegurar que unicamente poida asinar quen estea conectado, só se permite a sinatura electrónica cun certificado electrónico cuxo DNI asociado coincida co do usuario conectado á aplicación.

Limitación á carga de documentación asociada:

O sistema almacena todos os ficheiros anexos de calquera tipo (PDF...) no xestor documental corporativo (SGIFE). A cada un deses ficheiros asígnaselle un localizador único.

Existen limitacións acerca do tamaño máximo de cada un deses ficheiros:

  • O tamaño máximo de ficheiros que se poden subir á vez é de 50 MB.
  • Para evitar problemas, aconséllase asegurar que o tamaño máximo por ficheiro non supere os 15-20 MB.

Polo tanto, antes de depositar os ficheiros anexos, aconséllase que se revise que o tamaño non supere o límite anteriormente citado. Por exemplo, para os ficheiros de tipo PDF, convén asegurar que a calidade do PDF é suficiente (que inclúa todas as páxinas, que non estean torcidas ou cambiadas de orientación, que non existan datos non lexibles...). Para estes efectos, recoméndanse os seguintes parámetros para o escaneado de documentos:

  • Modo: preferiblemente "escala de grises" (ou, se o anterior non é posible, "branco e negro").
  • Lado de escaneado: saltar páxina en branco.
  • Puntos por polgada: 200 ppp (puntos por polgada).

Seguindo estas recomendacións, pódense xerar, sen problemas, ficheiros PDF de máis de 200 páxinas con imaxes con resolución aceptable. Se se dispón da aplicación Adobe Profesional, é posible gardar un documento PDF moi grande de forma optimizada e reducir o seu tamaño na mesma medida.

Requisitos sobre navegadores web (clientes) para o uso con esta aplicación

No caso da navegador Internet Explorer (IE), a versión mínima soportada é a 9. Pódense usar versións posteriores de Internet Explorer tanto en Sistemas Operativos tipo Windows Vista como Windows 7 ou 8.
En todo caso, para calquera versión de IE, para poder visualizar todos os elementos da aplicación e o correcto funcionamento dos elementos Javascript da aplicación, débese utilizar a función de Vista de Compatibilidade dispoñible no menú "Ferramentas" (ou icona de "Rueda Dentada", segundo versión de IE) / opción "Configuración de Vista de Compatibilidade" / Engadir "hacienda.gob.es" aos sitios con vista de compatibilidade.