A información remitida a través de CICEP.red servirá de base para que esta intervención xeral poida:
- Elaborar a Conta Xeral do Estado.
- Elaborar e publicar informes económico-financeiros do sector público empresarial e fundacional.
- Elaborar as contas económicas do sector público, de acordo co Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais.
- Actualizar do Inventario de Entes do Sector Público (estruturas de dominio, datos económicos, participacións directas e indirectas).
- Elaborar informes mensuais do conxunto da Administración central, definida en termos de contabilidade nacional.
- Elaborar informes mensuais relativos ao período medio de pagamento a provedores da Administración central.
- Ofrecer á Comisión Europea unha información conxunta do universo que compoñen as empresas incluídas dentro do ámbito da Lei 4/2007, do 3 de abril.
- Realizar os informes de auditoría por parte da Oficina Nacional de Auditoría, colgalos na aplicación e a través desta poñelos a disposición das entidades.
CICEP.red encóntrase dividida nos seguintes subsistemas de información:
Subsistema conta anual
Ten por obxecto posibilitar a remisión á IGAE da información que deben presentar tanto as entidades do Sector Público Estatal Empresarial e Fundacional como as entidades incluídas na disposición adicional novena da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, de conformidade co que se dispón nas ordes EHA/2043/2010, do 22 de xullo e HAP/2161/2013, do 14 de novembro, modificada pola Orde HAP/1881/2014, do 30 de setembro, por que se regula o procedemento de remisión das contas anuais e demais información que teñen que render ao Tribunal de Contas.
Así mesmo, co obxecto de dar cumprimento ao que se establece na Orde EHA/614/2009, do 3 de marzo, por que se regula o contido do informe ao que fai mención o artigo 129.3 da LGP, inclúense os anexos previstos na mencionada orde.
A información remitida servirá de base para que esta intervención xeral poida elaborar a Conta Xeral do Estado e actualizar o Inventario de Entes do Sector Público (estruturas de dominio, datos económicos, participacións directas e indirectas).
Subsistema de baixas
Ten por obxecto posibilitar a remisión á IGAE da información que deben presentar as entidades que deixaron de formar parte do Sector Público Estatal Empresarial e Fundacional, polo período comprendido desde o inicio do exercicio ata o momento que deixan de formar parte do Sector Público Estatal, en virtude da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, de conformidade co que se dispón nas ordes EHA/2043/2010, do 22 de xullo e HAP/2161/2013, do 14 de novembro, modificada pola Orde HAP/1881/2014, do 30 de setembro, por que se regula o procedemento de remisión das contas anuais e demais información que teñen que render ao Tribunal de Contas.
Subsistemas de información económico-financeira anual e trimestral
Teñen por obxecto posibilitar a remisión da información de carácter anual e trimestral das entidades do Sector Público Estatal Empresarial e Fundacional así como das entidades incluídas na disposición adicional novena da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, en cumprimento do que se dispón nas ordes EHA/2043/2010, do 22 de xullo e HAP/2161/2013, do 14 de novembro, modificada pola Orde HAP/1881/2014, do 30 de setembro, por que se regula o procedemento de remisión das contas anuais e demais información que teñen que render ao Tribunal de Contas e na referida rei .
A información remitida servirá de base para que esta intervención xeral poida levar a cabo a realización de: 1. A Conta Xeral do Estado. 2. Informes económico-financeiros do sector público empresarial e fundacional. 3. As contas económicas do sector público, de acordo co Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais. 4. A actualización do Inventario de Entes do Sector Público (estruturas de dominio, datos económicos, participacións directas e indirectas).
Así mesmo, co obxecto de dar cumprimento ao que se establece na Orde EHA/614/2009, do 3 de marzo, por que se regula o contido do informe ao que fai mención o artigo 129.3 da LGP, inclúense os anexos previstos na dita orde para aquelas entidades que non envían as contas anuais en modelos normalizados.
Subsistema mensual
Ten por obxecto dispor de información normalizada para dar cumprimento á Directiva 2011/85/UE do Consello, sobre os requisitos aplicables aos marcos orzamentarios dos estados membros, onde se regula a obriga por parte destes de elaborar e publicar datos mensuais do conxunto da Administración central, definida en termos de contabilidade nacional.
Subsistema de transparencia
Ten por obxecto posibilitar a remisión da información contida no Real decreto 1759/2007, do 28 de decembro, por que se regulan os modelos e o procedemento de remisión da información que deben presentar as empresas públicas e determinadas empresas en virtude do que se establece na Lei 4/2007, do 3 de abril, de transparencia das relacións financeiras entre as administracións públicas e as empresas públicas, e de transparencia financeira de determinadas empresas.
A remisión e a centralización da información na Intervención Xeral da Administración do Estado ten como finalidade evitar a dispersión de interlocutores e poder ofrecerlle á Comisión Europea unha información conxunta do universo que compoñen as empresas incluídas dentro do ámbito da Lei 4/2007, do 3 de abril.
Subsistema lei de morosidade
Ten por obxecto recoller a información relativa ás ratios de operacións pagas e de operacións pendentes de pagamento contida no Real decreto 635/2014, do 25 de xullo, por que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pagamento a provedores das administracións públicas e as condicións e o procedemento de retención de recursos dos réximes de financiamento, previstos na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril.
A información remitida servirá de base para que esta intervención xeral poida elaborar informes mensuais relativos ao período medio de pagamento a provedores da Administración central.
Subsistema de Información para a consolidación da CGE
Ten por obxecto posibilitar a remisión, por parte das entidades do sector público empresarial estatal, das operacións que realizaron no exercicio coas entidades que forman parte do sector público administrativo estatal, así como doutra información necesaria para que esta Intervención Xeral poida elaborar a Conta Xeral do Estado consolidada.